Integrada no programa, na nube e no teu servidor. Sempre che amosa o que propón antes de gardar nada.

Pregúntalle de viva voz ou por escrito como se fai calquera cousa, unha dúbida de IVE ou de VERI*FACTU, ou canto lle vendiches este mes a un cliente.
Coñece a axuda de cada pantalla do programa e, se tes permiso, consulta as cifras da túa empresa para responderche con datos reais.
Sobe o PDF ou unha foto e o programa enche o provedor, a data, as liñas e o IVE. Ti só o revisas.
Sube o pedido que che manda o cliente (PDF, foto ou captura do correo) e sae o pedido de venda cos teus artigos, os teus prezos e as súas condicións, avisando do que non cadra.
«Vendas por comercial do último trimestre comparadas co ano pasado»: o informe e o seu gráfico, sen modelos nin consultas SQL.
Avisa de NIF incorrectos, tipos de factura, operacións intracomunitarias ou datos que faltan antes de que a Axencia Tributaria rexeite nada.
O que contabilizas unha vez desde o extracto (comisións, recibos, impostos) concíliase só a vez seguinte, e cada cobro casa coa factura do cliente que o paga.
Canto tarda en pagar cada cliente, o seu risco fronte ao límite e cando cobrarás de verdade, tamén na previsión de tesouraría.
A previsión para compras e fabricación calcúlase soa co vendido nos mesmos meses dos anos anteriores e a tendencia recente.
Conecta Claude, ChatGPT ou Copilot por MCP cunha clave por persoa: consultan clientes, existencias, vendas e cobros, e preparan pedidos para que os revises.
A intelixencia artificial propón e ti confirmas. O que le dunha factura ou dun pedido aparece na pantalla para que o revises, e nada se garda sen o teu visto e prace.
O administrador decide quen pode consultar as cifras da empresa, e o consumo da IA queda rexistrado.
Cóntanos como traballa a túa empresa e preparámosche unha presentación cos teus propios procesos.
Solicitar unha presentaciónVera é unha asistente con IA: dá información xeral e pode equivocarse; revisa cada caso concreto co teu asesor. 10 preguntas gratuítas ao día. Non digas datos persoais. Non gardamos a conversa nin o audio.